Vella Escola

NON TEMOS FLOW…TEMOS XEITO!!!

 

Facemos Cultura Urbana de aquí, da boa e para tódolos públicos, sen importar o nivel técnico, a idade ou o talento (xa sabemos que cada quen ten o seu). O importante é gozar do proceso e ter unha boa experiencia, sen importar o resultado. E para aqueles que xa «controlan do tema», temos as mellores infraestruturas e equipamentos para poñer a proba todas esas habilidades.

 

Algunhas das disciplinas urbanas que traballamos son: Breakdance, Graffiti, Parkour, Skateboard, Beatbox, Turntablism Dj, Slackline, Rap, BMX, Roller, Street Workout, Freestyle Football, Scooter, Danzas de Rúa, Skimboard, pintado de Gorras Trucker, Tattoo, estampado de camisetas con stencil…

EQUIPO PROFESIONAL

 

Vella Escola a conforman 25 artistas, músicos e deportistas especializados nas diferentes disciplinas da Cultura Urbana, coordinados por profesionais con máis de 10 anos de experiencia na organización de eventos e con acreditado coñecemento no desenvolvemento de proxectos sociais dirixidos á xuventude.

 

Porque facemos o que nos gusta e nos gusta o que facemos, sempre poñemos gran empeño en cada proxecto e somos 100% flexibles e comprometidos para lograr os mellores resultados.

1 DÉCADA FACENDO CULTURA URBANA

 

Máis de 10 anos de experiencia e preto de 500 actividades organizadas aválannos: 350 talleres, 260 shows, 120 eventos organizados e máis de 250 murais pintados. Todas estas actividades enmarcadas en diversos proxectos sociais relacionados coa xuventude, o medio ambiente, a discapacidade, a igualdade ou a normalización lingüística entre moitos outros.

MAÍS VALE PREVIR QUE CURAR

 

Coñecemos a Cultura Urbana coma ninguén, os seus puntos fortes pero tamén os fracos. Aplicamos perfectamente os protocolos de prevención específicos para cada actividade e dispoñemos dos mellores recursos técnicos e infraestruturas. Por descontado, todo o equipamento deportivo e os parques que montamos están homologados e cumpren coa normativa de seguridade.