>  Posts tagged "talleres"

🎶🛹🏋 Este xullo, nas rúas de Lugo, poderás gozar de estilos urbanos e deportes na rúa 🤙.   👉 As actividades son abertas e gratuítas a toda a xuventude, non requiren inscrición previa e terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo de 17.00h a 21.00h en diferentes prazas da cidade - Augas Férreas, Praza Roxa

"Rap con Rosalía" é o novo programa que levaremos este outono aos centros educativos de Galicia da man do noso Mc favorito Risk!!! Este programa procura a divulgación da lingua galega a través dun roteiro por 10 centros de ensino de Galicia nos que se impartirán obradoiros de Rap en galego baseados na obra poética de Rosalía

Xa podes achegarte a Marineda City para participar na programación Cultura Urbana que temos preparados para este verán para os meses de xullo e agosto en "La Plaza" onde temos instalado un enorme Parkour Park e unha incríble pista de Street Football xunto coa pista de Baket que teñen instalada os nosos compañeiros de Decathlon. Lembra

Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas. Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade

O martes 13 de Setembro os da Vella Escola levamos a Cultura Urbana ás Festas da Guadalupe de Rianxo 2016. As actividades programadas son totalmente participativas, os obradoiros están dirixidos á mocidade, non requiren inscrición previa e son DE BALDE!!! Ademáis dos obradoiros terá lugar unha mostra de CelloGraffiti temático realizado sobre un muro artificial de film transparente. PROGRAMA: 12:00

O pasado venres 15 de Maio Vella Escola abriu a tempada de verán por todo o alto, organizando unha Xornada de Cultura Urbana que acolleu diferentes actividades dirixidas a todos os públicos. Campionato de Breakdance 2vs2 Obradoiros de Breakdance, Personalización de Gorras e Turntablism DJ. Show de Maxia Concerto "Rap a Golpe de Beatbox" Exhibicións de Graffiti sobre film transparente "Cellograffiti", Turntablism

Do 4 ao 7 de Febreiro terá lugar no Centro Comercial As Cancelas, a semana da Cultura Urbana, con diferentes talleres e exhibicións de Graffiti, Breakdance, Beatbox, Scratch (Dj) e Personalización de Gorras. A actividade é de balde e non require inscrición previa. ACHÉGATE AO CC AS CANCELAS E PARTICIPA!!!

Xa podes descargar a "Memoria Anual de Actividades 2014" en arquivo .PDF accedendo ao apartado "Descargas" da nosa web www.vellaescola.com ou a través do seguinte enlace: Memoria_Anual_de_Actividades_2014