>  Posts tagged "skatepark"

Chega dan man da Vella Escola, a segunda entrega do Festival de Cultura Urbana "Sinte O Flow", que terá lugar o venres 29 de Xuño en A Coruña, no Parque de Santa Margarita en horario de 12:00 a 24:00 horas e que inclúe un amplo cartel con obradoiros, quedadas, shows, campionatos e concerto.

Comezamos coa Escola de Skate en Santiago de Compostela. As clases impartiranse tódolos venres en horario de 18 a 19:30 no SkatePark situado na Praza do Parlamento. Esta actividade terá unha duración de 4 meses (xuño, xullo, setembro e outubro), é de balde, e vai dirixida a mozos e mozas que desexen iniciarse na práctica do Skate, ou

Exhibición de BMX a cargo de Vella Escola no Campus Sur da USC en Santiago de Compostela este domingo día 28 ás 10:30 AM. Esta actividade está enmarcada no programa "Xornadas da Bicicleta na Mocedade" organizada polo Concello de Santiago de Compostela coa colaboración do Club BTT Ultreia. Achégate a disfrutar das viravoltas e acrobacias das bicis de

O vindeiro venres 1 de agosto Vella Escola desprázase ata o Concello de Valdoviño co seu Skatepark Móbil, que se instalará na pista polideportiva municipal da praia ás 17:00 horas. Os mozos e mozas que o desexen poderán achegarse a patinar e facer uso das diferentes rampas e módulos. Por outra banda, tamén se impartirá un

A semana pasada montamos o noso SkatePark Móbil na Praza Roxa, en Santiago de Compostela, colaborando co evento promocional da marca de gafas Oakley organizado pola Óptica Val. A nosa noraboa a Ramón Gey Martínez por facerse co premio dunhas gafas Oakley!!!

Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar

Durante o mes de outubro continuamos en Muros co programa "Noites Activas" impartindo obradoiros de Breakdance, Beatbox e Skateboard os sábados en horario de 20:00 a 22:00 horas na antiga fábrica de SEL. Estas actividades van dirixidas á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos. Se estás interesad@ en participar nos obradoiros