>  Posts tagged "muros"

Durante o mes de outubro continuamos en Muros co programa "Noites Activas" impartindo obradoiros de Breakdance, Beatbox e Skateboard os sábados en horario de 20:00 a 22:00 horas na antiga fábrica de SEL. Estas actividades van dirixidas á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos. Se estás interesad@ en participar nos obradoiros

Este sábado Vella Escola organiza en colaboración co Concello de Muros, un obradoiro de Rap en galego dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos. Esta actividade terá lugar na antiga fábrica de SEL en horario de 20:00 a 21:30 e será impartida por García MC,  integrante do grupo Dios Ke Te Crew. Esta iniciativa está

Este sábado impartimos un obradoiro de Breakdance ás 20:00 horas na antiga fábrica de SEL de Muros. Se tes máis de 12 anos e estás interesad@ en asistir podes inscribirte enviando un correo cos teus datos persoais a info@vellaescola.com ou chamando ao número 637 089 318. Esta actividade está enmarcada dentro do programa municipal "Noites Activas".

O vindeiro sábado 27 de Abril comezamos co "NOITES ACTIVAS", un programa de lecer nocturno que pon en marcha o Concello de Muros en colaboración coa Asociación Vella Escola co fin de proporcionar á poboación xuvenil muradá diversas actividades elixidas por eles mesmos, levándose a cabo nas fins de semana. Moitas destas actividades están relacionadas coa