>  Posts tagged "graffiti"

🎶🛹🏋 Este xullo, nas rúas de Lugo, poderás gozar de estilos urbanos e deportes na rúa 🤙.   👉 As actividades son abertas e gratuítas a toda a xuventude, non requiren inscrición previa e terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo de 17.00h a 21.00h en diferentes prazas da cidade - Augas Férreas, Praza Roxa

"Rap con Rosalía" é o novo programa que levaremos este outono aos centros educativos de Galicia da man do noso Mc favorito Risk!!! Este programa procura a divulgación da lingua galega a través dun roteiro por 10 centros de ensino de Galicia nos que se impartirán obradoiros de Rap en galego baseados na obra poética de Rosalía

Xa podes achegarte a Marineda City para participar na programación Cultura Urbana que temos preparados para este verán para os meses de xullo e agosto en "La Plaza" onde temos instalado un enorme Parkour Park e unha incríble pista de Street Football xunto coa pista de Baket que teñen instalada os nosos compañeiros de Decathlon. Lembra

E este ano, para completar o terraceo chill, montamos unha zona urban sport na zona exterior (#LaPlaza) de Marineda City cunha pista de baile, Parkour Park, e rampa de Skate para uso libre, ademais de programar unha chea de actividades durante as fins de semana os venres e sábados pola tarde con talleres de parkour, grafiti,

Hoxe presentamos en rolda de prensa do Concello do Porriño a segunda edición do certame "Improvisdado - Batalla de Debuxantes" que abrirá o prazo para a presentación de propostas o vindeiro luns 15 de Marzo.

Desde Vella Escola en colaboración co Concello do Porriño presentamos o concurso "Batalla de Debuxantes IMPROVISDADO", unha nova iniciativa que terá lugar na súa fase final (con 6 artistas finalistas) o vindeiro 19 de Setembro a partir das 17:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios do Concello do Porriño.

Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas. Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade