>  Posts tagged "festas"

Este martes 16 de setembro Vella Escola volve, como cada ano, a Rianxo a impartir obradoiros de Cultura Urbana no marco das Festas da Guadalupe 2014. Este ano teremos Skate e Beatbox a partir das 11:30 na Praza Castelao. As actividades son de balde, sen límite de idade e non requiren inscrición previa.

O próximo sábado 13 de setembro Vella Escola levará a Cultura Urbana a Riveira no marco das festas de Santa Uxía. O programa de actividades inclúe obradoiros e diferentes shows de Breakdance, Graffiti, Skate, Roller, Beatbox, Rap, Turntablism Dj, Street Basket, etc. [frame src="https://www.vellaescola.com/wp-content/uploads/2014/09/Xornada-Riveira-2014-PROGRAMA.jpg" width="431" height="659" lightbox="on" title="" align="left" ]

O venres 8 de agosto Vella Escola imparte un obradoiro de iniciación ao Breakdance e outro de Turntablism (Dj) en Bertamiráns (Ames), na explanada da piscina A Telleira en horario de 19:00 a 22:00 horas. As actividades van dirixidas principalmente á xuventude, son de balde e para participar nelas non é necesario inscrición previa. Este programa

Un ano máis Vella Escola trae os seus obradoiros e shows de Cultura Urbana o sábado 26 de xullo a Santiago de Compostela co motivo das Festas do Apóstol. A xornada terá lugar na Praza Rodrigo de Padrón (ao lado da Alameda, enriba do Parking). Os obradoiros darán comezo ás 17:00 e durarán ata as 21:00

O domingo 29 de xuño, en horario de 09:30 a 22:00 horas, terá lugar nos andenes da estación de autobuses de A Estrada o 1º Concurso de Graffiti "GRAFFITI JAM", cun premio de 300€ ao primeiro posto. A data límite de inscrición e entrega de bosquexos é o 15 de xuño. As bases do concurso, xunto coa

Vella Escola impartirá obradoiros de Skateboard e Hamabeads (confección de chaveiros) en Rianxo o martes 17 de setembro dentro do programa de actividades das Festas da Virxe da Guadalupe 2013. As actividades realizaranse na Praza Castelao en horario de 11:00 a 14:00 horas.

O luns 26 de agosto traemos a Noia (alameda, fronte ao Concello) os mellores espectáculos de Cultura Urbana (concerto de Rap, show de Beatbox e exhibición de Breakdance) e ademais contaremos cunha impresionante exhibición de Graffiti que será realizada sobre a carrocería dun coche. Por outra banda, durante todo o día haberá diferentes obradoiros nos que

Este xoves 9 de maio temos cita na Praza do Toural de Santiago de Compostela con diferentes obradoiros de Cultura Urbana a partir das 17:30 horas. A xornada está enmarcada dentro do programa das festas da Ascensión. O programa de actividades é o seguinte: 17:30   Obradoiro de Graffiti 18:30   Obradoiro de Turntablism (Dj) 19:30   Obradoiro de Beatbox 20:00   Exhibición de Graffiti 21:00