>  Posts tagged "actividades"

Xa podes descargar a "Memoria Anual de Actividades 2014" en arquivo .PDF accedendo ao apartado "Descargas" da nosa web www.vellaescola.com ou a través do seguinte enlace: Memoria_Anual_de_Actividades_2014

Mañá sábado 6 de setembro Vella Escola desprázase a Lousame para impartir diferentes obradoiros de Cultura Urbana, Graffiti, Breakdance, Skate e Turntablism Dj. Estas actividades vanse desenvolver na Praza do Concello a partir das 18:00 horas. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Ocio Activo" do Grupo Informal NEVOX pertencente ao programa de axudas "Iniciativa Xove 2014" da Dirección

O venres 8 de agosto Vella Escola imparte un obradoiro de iniciación ao Breakdance e outro de Turntablism (Dj) en Bertamiráns (Ames), na explanada da piscina A Telleira en horario de 19:00 a 22:00 horas. As actividades van dirixidas principalmente á xuventude, son de balde e para participar nelas non é necesario inscrición previa. Este programa

O vindeiro venres 1 de agosto Vella Escola desprázase ata o Concello de Valdoviño co seu Skatepark Móbil, que se instalará na pista polideportiva municipal da praia ás 17:00 horas. Os mozos e mozas que o desexen poderán achegarse a patinar e facer uso das diferentes rampas e módulos. Por outra banda, tamén se impartirá un

Con motivo da clausura das actividades de Cultura Urbana que se desenvolveron no Concello de Santiago de Compostela ao longo destos seis meses e coa colaboración do programa de axudas “Iniciativa Xove” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, se propón a realización dunha actividade de portas abertas que se realizará o xoves 10 de outubro na Praza Roja, en Santiago

Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar

Vella Escola impartirá obradoiros de Skateboard e Hamabeads (confección de chaveiros) en Rianxo o martes 17 de setembro dentro do programa de actividades das Festas da Virxe da Guadalupe 2013. As actividades realizaranse na Praza Castelao en horario de 11:00 a 14:00 horas.

O luns 26 de agosto traemos a Noia (alameda, fronte ao Concello) os mellores espectáculos de Cultura Urbana (concerto de Rap, show de Beatbox e exhibición de Breakdance) e ademais contaremos cunha impresionante exhibición de Graffiti que será realizada sobre a carrocería dun coche. Por outra banda, durante todo o día haberá diferentes obradoiros nos que