Somos…

 

Vella Escola® é unha entidade especializada na organización e difusión de actividades e proxectos relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia: breakdance, graffiti, skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket, danzas de rúa, bmx,  scooter, slackline…

A misión de Vella Escola é promover e difundir en Galicia as manifestacións culturais e artísticas que nacen no medio urbano, a través do desenvolvemento e implementación de solucións para a xestión creativa de proxectos sociais, culturais e de ocio activo, dirixidos á xuvente.

O noso principal obxectivo é ofrecer ao colectivo xuvenil a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes proxectos que favorezan o seu desenvolvemento integral mediante; a formación e expresión artística, o ocio activo e a integración social a través da Cultura Urbana.

Somos_Vella_Escola_02

“Queremos ofrecerlle á xuventude un espazo saudable cheo de creatividade e ilusión, que alente as súas perspectivas de futuro e lles permita crecer como persoas nun contexto favorable, e queremos facelo a través dunha oferta de actividades innovadoras, que respondan as súas inquedanzas e intereses para cociñar un prato que seguro alimentará canto menos a súa curiosidade”.

firmapabloe

xerente