>  Uncategorized   >  PROXECTO SURIGAM – Cultura Urbana + Discapacidade!!!

​Desde Vella Escola presentamos o «PROXECTO SURIGAM – Cultura Urbana + Discapacidade» que poñemos en marcha a próxima semana, o 29 e 30 de Setembro en Santiago de Compostela, desde ISve (Intervención Social Vella Escola) o noso departamento especializado.

Este proxecto quere achegar a Cultura Urbana e o Hip Hop á sociedade a través de experiencias innovadoras. Nesta ocasión diriximos as actividades (BREAKDANCE, GRAFFITI, PARKOUR, TURNTABLISM DJ e BEATBOX) a mozas e mozos con síndrome de down e persoas con deficiencia visual ou ceguera.

Este programa está subvencionado polo programa de axudas a iniciativas xuvenís «Iniciativa Xove 2016» da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia).

Temos que destacar tamén a colaboración do Concello de Santiago que nos cede un espazo adecuado e seguro para a levar adiante a actividade. 

Agradecer tamén o apoio das asociacións culturais e deportivas especializadas que aportan a experiencia dos seus profesionais a esta iniciativa (North Element, Black Box Project, BreakInclán), e por suposto agradecer ás entidades participantes (Down Compostela, ONCE, Cruz Vermella Santiago e Misela) por tomar parte deste proxecto.

CULTURA URBANA PARA TOD@S!!!

#ProxectoSurigam #VellaEscola #CulturaUrbana #IniciativaXove2016 #IniciativaXove #xuventude #SantiagodeCompostela #Noia #ONCE #SíndromedeDown #Discapacidade #Breakdance #Parkour #Beatbox #Turntablism #Dj #Graffiti