>  Uncategorized   >  Obras de pintores galegos reinterpretadas a Graffiti por Vella Escola!!!

A maior parte das obras dos pintores galegos máis ilustres non se parecen moito entre elas; estilos e técnicas diferentes, temáticas diversas, unhas moi coloridas e outras en tonos grises… pero todas teñen algo en común, que case todos os pintores fixeron uso de ferramentas similares como os pinceis, brochas e incluso as mans.

Pois os da Vella Escola quixemos experimentar con estas obras e darlle un estilo máis actual e «informal» utilizando o esprai como única ferramenta. A continuación vos deixamos algunhas imaxes dos Graffitis baseados na reinterpretación de diferentes pinturas de artistas como Manuel Moldes, Laxeiro ou Luis Seoane.