>  Uncategorized   >  OBRADOIRO DE GRAFFITI NO CENTRO DE DÍA A MISELA (Noia)

A semana pasada os da Vella Escola achegámonos a Noia para darlle cor ao Centro de Día da Asociación Misela, mediante un obradoiro impartido por O Ras, que estivo aberto á participación. 

A actividade está enmarcada no «Proxecto SURIGAM – Cultura Urbana + Discapacidade», proxecto subvencionado polo programa de axudas «Iniciativa Xove 2016» da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia).