>  Uncategorized   >  O Concello de Santiago presenta «Rúas Xoves» Cultura Urbana en estado puro!!!

Con motivo da clausura das actividades de Cultura Urbana que se desenvolveron no Concello de Santiago de Compostela ao longo destos seis meses e coa colaboración do programa de axudas “Iniciativa Xove” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, se propón a realización dunha actividade de portas abertas que se realizará o xoves 10 de outubro na Praza Roja, en Santiago de Compostela. Nesta actividade ofértanse diferentes obradoiros e exhibicións relacionados coa Cultura Urbana impartidos pola Asociación Vella Escola, dirixidos á xuventude e orientados a conseguir a máxima participación e implicación deste colectivo (as actividades están orientadas principalmente á xuventude, pero non se limita a participación doutros grupos de idade).

As actividades son gratuítas para os participantes e non requiren isncrición previa.

A “Xornada de Cultura Urbana” ten unha duración aproximada de 6 horas e inclúe os seguintes obradoiros e exhibicións:

EXHIBICIÓN DE GRAFFITI sobre un coche!!! …a partir das 15:00 horas

OBRADOIROS DE CULTURA URBANA de 17:00 a 20:00

  • 17:00 Obradoiro de Turntablism (Dj)
  • 18:00 Obradoiro de Graffiti
  • 19:00 Obradoiro de Beatbox

 

EXHIBICIÓNS DE CULTURA URBANA ás 20:00

Breakdance, Turntablism (Dj), Beatbox, Rap (García Mc) e Capoeira