>  Uncategorized   >  FESTA NEÓN CON VELLA ESCOLA en Soutomaior

Os da Vella Escola organizamos unha Festa Neón para o 29 de Decembro. Actividade enmarcada dentro do programa do Concello de Soutomaior «Quedada para despedir o ano…».

A Festa terá lugar na Casa do Pobo da Pedreira en horario de 18:30 a 21:30. Haberá autobuses de ida-volta de balde que sairán de Arcade e diferentes puntos do Concello.

Se tes 12 ou máis anos podes participar mercando previamente a túa entrada por 1€ na OMIX (aforo limitado). A entrada contén un código QR para acceder a un formulario onde podés propoñer a música que soará na festa.

As ACTIVIDADES e servizos que atoparás na festa son os seguintes:

  • Concursos e agasallos neón (Bottle Flip, Beer Pong…)
  • Limonada flúor, bebidas sen alcohol e cátering salgado e doce.
  • Mural de sinaturas Neón + Photocall de Selfies.
  • Sesión DJ + Dinamizadores
  • Body Paint e decorado flúor
  • Moito máis…