>  Uncategorized   >  Éxito rotundo na Xornada de Cultura Urbana da Ascensión 2015

O pasado venres 15 de Maio Vella Escola abriu a tempada de verán por todo o alto, organizando unha Xornada de Cultura Urbana que acolleu diferentes actividades dirixidas a todos os públicos.

  • Campionato de Breakdance 2vs2
  • Obradoiros de Breakdance, Personalización de Gorras e Turntablism DJ.
  • Show de Maxia
  • Concerto «Rap a Golpe de Beatbox»
  • Exhibicións de Graffiti sobre film transparente «Cellograffiti», Turntablism DJ «Scratching», e Batalla de Exhibición de Breakdance por Equipos.

Todo isto acompañados pola música que nos brindou o DJ compostelán DJ Cro, e dinamizado polo Speaker Davbeat.

Esta é a primeira de moitas festas xuvenís que Vella Escola traerá durante o verán a diferentes municipios galegos.