>  Uncategorized   >  Comeza a ESCOLA DE SKATE en Santiago de Compostela!!
Comezamos coa Escola de Skate en Santiago de Compostela. As clases impartiranse tódolos venres en horario de 18 a 19:30 no SkatePark situado na Praza do Parlamento. Esta actividade terá unha duración de 4 meses (xuño, xullo, setembro e outubro), é de balde, e vai dirixida a mozos e mozas que desexen iniciarse na práctica do Skate, ou perfeccionar a súa técnica.
Para formalizar a inscrición é preciso enviar un correo electrónico a info@vellaescola.com cos seguintes datos: teléfono de contacto, nome e apelidos das persoas que se queren apuntar nas clases.