Obradoiros

Boton_Obradoiros

Impartimos obradoiros de diferentes disciplinas relacionadas coa Cultura Urbana: Breakdance, Graffiti, Skateboard, Rap, Beatbox, Turntablism (Dj), Danzas de rúa e Capoeira. Nestes obradoiros trataranse diferentes contidos según o tipo de actividade. Polo xeral a estrutura dun obradoiro é a seguinte:

  1. Presentación e contextualización
  2. Recursos e aplicacións prácticas
  3. Técnicas básicas e fundamentos
  4. Recomendacións para a práctica
  5. Demostración do especialista

 

Podes descargar o dosier coa descrición e os contidos de cada obradoiro no seguinte enlace: DOSIER_Obradoiros_de_Cultura_Urbana

A duración aproximada dos obradoiros é de 1 a 2 horas, e o número máximo de participantes é 30, dependendo do tipo de actividade que se vaia a desenvolver. Esta oferta vai dirixida a tódalas idades.

NOTA: Tódolos equipamentos e materiais necesarios para a implementación das actividades (equipo de son, proxector, mesas de Dj, skates, cascos…) os pon a nosa organización sen supoñer un coste adicional para o cliente.