ExhibiSHOWS

Boton_ExhibiSHOWS

Vella-Escola-Show-BreakdanceEn Vella Escola traballan máis de 20 artistas, os mellores especialistas de Galicia en cada unha das disciplinas da Cultura Urbana. Dispoñemos dunha oferta variada de espectáculos que se concretan nas seguintes modalidades: exhibicións, shows, concertos (bolos) e performances.

As exhibicións son breves demostracións improvisadas (Freestyle) de Breakdance, Beatbox, Skate, Capoeira, Slackline, Parkour ou Turntablism Dj.

Os Shows que ofertamos baséanse na mestura de diferentes disciplinas da Cultura Urbana con algún elemento tecnolóxico (proxectores, iluminación, mesturadores, controladores de audio…) ou plásticos (pintura, area…).
Realizamos shows de Beatbox, Popping (robot dance) e Breakdance.

Os Concertos de Rap consisten na posta en escena dun MC (rapeiro) e o Dj que o acompaña coas súas mesturas. Os concertos teñen unha duración aproximada de 45 minutos.

As “Performances” son espectáculos que mesturan diferentes disciplinas (Breakdance, Graffiti, Beatbox, Turntablism…) recreando unha atmósfera creativa e inimitable da Cultura Urbana.

FOTOS